INICIO CURSO 2023/24

 


BENVIDAS E BENVIDOS a este novo curso académico 2023/24! 

Iniciamos unha nova aventura, comezamos un novo curso escolar no que, coma sempre, non faltarán éxitos e fracasos, risas e choros, aprendizaxes e dificultades, progresos e atrancos...

Este ano temos por diante retos apaixonantes: comeza o 2º curso de FPB, avanza o proceso de dixitalización do ensino nalgúns cursos, aumenta o número de alumnado matriculado no Diploma Dual, esperamos arrincar os exames de Oxford, aumenta o horario da Aula Matinal... coma sempre trataremos de sacar isto adiante da maneira que nos é propia e que nos caracteriza: coa colaboración e a unión de alumnado, familias e profesorado... únenos un obxectivo común: conseguir que o noso alumnado, as nenas e nenos do Divino Maestro, se desenvolvan o mellor posible e acaden todo aquilo que se propoñan ao tempo que medran como persoas íntegras e cidadáns plenamente capacitados para se valer no mundo no que lles vai tocar vivir. E todo isto queremos facelo desde a ollada evanxélica e os valores que nos son propios desde que Francisco e Soledad botaron a andar, vai camiño dos 100 anos, os Colexios Divino Maestro.

Por todo isto é que arrincamos cargados de ilusión, proxectos, ganas de mellorar... en moi breve imos ir comunicando horarios, datas de reunión, materiais necesarios... Estamos en marcha!

Vémonos nuns días!

O Equipo Directivo