Carta do Equipo Directivo



Lugo, 1 de setembro, 2020
Prezadas familias:

En primeiro lugar, queremos darvos a BENVIDA a este novo curso académico, se cadra o máis incerto das nosas vidas, e comunicarvos toda a información relativa ás medidas de seguridade e prevención fronte á Covid-19 que estamos a poñer en marcha. Sabemos do voso interese e preocupación, que compartimos plenamente.Pedímosvos que poñades moito atención ás comunicacións que vos vaian chegando, xa que haberá modificacións, cambios na organización... e teremos que ir adaptándonos ás circunstancias segundo vaian vindo, revisando e modificando as normas sempre que se vexa necesario.
Estamos tratando de organizalo todo para crear unha contorna escolar o máis saudable e segura posible, pero para isto, unha vez máis, é imprescindible que colaboremos o alumnado, as familias e o Colexio. É por isto que chamamos á responsabilidade individual de cada un de nós, pois as medidas non serven de nada se no colectivo hai individuos que non cumpren.
Pedimos, xa que logo, un firme compromiso coas medidas que se vaian propoñendo e que hoxe vos comezamos a transmitir, e pedímosllo a profesores, alumnos, familias e persoal non docente. Isto só pode funcionar se todos colaboramos e facemos as cousas ben.
O que imos propoñer parte sempre das recomendacións da Consellería de Educación para a elaboración dos protocolos de seguridade dos centros educativos; en moitos casos, apostamos por medidas aínda máis estritas: faremos todo o que poidamos para tratar de preservar a seguridade e a saúde de todos: alumnado, profesorado, familias... todos imos no mesmo barco.
Que o Divino Maestro nos guíe e protexa sempre.
                                                                                                              O Equipo Directivo