INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE
ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE
ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023
1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
1.
NON PROCEDE. O CPR “Divino Maestro” de Lugo non está
adscrito a ningún outro centro, polo que non hai que facer ningún trámite: o
alumnado que xa é do centro ten a súa praza reservada e o de nova incvorporación
fará a solicitude do 1 ao 21 de marzo.
2.
Data do sorteo público de letra de prioridade dos
apelidos a efectos de desempate: última semana de
febreiro.
3.
Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de
marzo.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
4.
Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no
centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-21
de marzo.
5.
Presentación da documentación acreditativa dos
criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de
prazas ofertadas): 24 de marzo ao 6 de abril, ambos os dous
incluídos.
6.
Publicación das listaxes provisionais de persoas
admitidas e non admitidas: o 22 de abril.
7.
Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días
hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
8.
Publicación das listaxes definitivas de persoas
admitidas e non admitidas: o 13 de maio.
9.
Adxudicación
subsidiaria de praza noutro centro ao
alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta
os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
3ª
FASE: MATRÍCULA
10. Formalización da matrícula
en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30
de xuño.
11. Formalización da matrícula
en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
12. Prazo extraordinario
de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-21
de marzo)
1.
Os pais, nais e/ou
titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de
adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II
(modelo ED550B).
2.
Cada
alumna e alumno só pode presentar unha
única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros
na orde de prioridade que desexe. Deberá
presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia.
A infracción desta norma (é dicir, a
presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude
de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición)
determinará a perda dos dereitos de
prioridade que poidan corresponderlle.
3.
Alumnado
que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando
estudos nel durante o presente ano:
No
caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo,
ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con
garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con
carácter definitivo noutro centro.
4.
As
solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á
titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario
normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase
entregar nos seguintes lugares :
a)
Recollendo o formulario Anexo II (modelo
ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en
primeiro lugar.
b) Descargando a solicitude da Sede Electrónica
da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision
e entregándoo no centro solicitado en
primeiro lugar.
c) Entregándoa a través da sede electrónica da
Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión
de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten
ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de
educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica
2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se
desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes
sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de
educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria
e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)
http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se
modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG
1 de febreiro de 2017)
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola
que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a
admisión do alumnado en centros docentes sustentados
con fondos públicos que impartan
ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil,
de educación primaria, de educación
secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas
na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
(código de procedemento ED550A e
ED550B).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
Pódense consultar na secretaría do centro.
Igualmente, pódese descargar facendo
Ctrl+clic na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30060
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO
AULA MATINAL
COMEDOR ESCOLAR
Regulado na
seguinte normativa:
-
Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que
se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non
universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de
educación. (DOG
13 de agosto de 2013)
-
Instrución
anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión
directa no curso escolar.
-
Instrución
anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión
indirecta no curso escolar.
RECURSOS ESPECÍFICOS OU ESPECIAIS
AULA EDUCACIÓN ESPECIAL