CAMPAÑA MISIONERA
"Somos latidos de esperanza" 🫀✨
O vindeiro luns 26 de maio celebraremos no noso colexio unha xornada moi especial: a Campaña Misioneira 2025. Unha oportunidade para compartir, camiñar xuntos e lembrar que, mesmo no pequeno, podemos ser esperanza para outros.
🎽 Como podes colaborar?👉 Participando na V Marcha Solidaria.
🎉 Sumándoche á celebración posterior con toda a comunidade educativa.
🎁 Doando xoguetes, libros, xogos, roupa ou outros materiais en bo estado que poidan ter unha segunda vida e alegrar a quen máis o necesita.
Cada paso, cada achega, cada corazón que se une… é un latexo máis de esperanza. Convidámosche a vivir este día con xenerosidade, ledicia e compromiso.
Porque somos latidos de esperanza… y juntos podemos hacer que ese latido llegue más lejos.
#SomosLatidosDeEsperanza
#CampañaMisionera2025
#VMarchaSolidaria
#Somosfamiliadivinomaestro
#Divinomaestrolugo
#SecretariadodemisionesDivinoMaestro
BOLSAS ALUMNADO NEAE 2025-26
Dende o 30 de abril está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
As bolsas son convocadas polo Ministerio de Educación e pódese acceder a toda a información premendo AQUÍ.
Coma sempre, cómpre dirixirse ao Servizo de Orientación en caso de dúbida ou para recibir asesoramento ao respecto.
O prazo remata o 13 de setembro de 2025.
"YO SOY DIVINO MAESTRO"
✨ Unha historia que segue crecendo… ✨
Ser Divino Maestro é moito máis que estudar aquí. É crecer nun colexio que
deixa pegada, que educa con valores e que acompaña a cada alumno e alumna
no seu camiño, preparándoo para o futuro.
Os nosos antigos alumnos e alumnas levan consigo todo o que aprenderon aquí,
nas súas profesións, nas súas vidas… E os nosos alumnos de hoxe seguen
escribindo esta historia.
📅 A semana que vén, do 17 ao 21 de febreiro abrimos as nosas portas para que
ti tamén poidas formar parte desta gran familia.
E ti? Queres ser Divino Maestro?
.png)


