Obradoiro de Primeiros Auxilios

Os alumnos de 4° ESO que cursan a materia optativa de "Iniciación á actividade económica e empresarial" recibiron o pasado 16 de maio un obradoiro teórico - práctico de primeiros auxilios por parte de profesionais sanitarios cualificados.





Leer más...

Listaxe definitiva admitidos curso 2017/18

Leer más...

Listado provisional admitidos 2017/18

Leer más...

Día de libre disposición

O vindeiro día 2 de maio, non haberá clase, por ser o día de libre disposición solicitado e adxudicado ao centro.
Leer más...

Ligazóns admisión

Leer más...

Escolarización 2017-2018

PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2017-2018

O prazo de PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES para a admisión do alumnado no Segundo Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, de cara ao vindeiro curso 2017-2018 será entre os días 2 e 20 de marzo, ambos incluídos.


HORARIO DE SECRETARÍA

DÍAS: LUNS A VENRES
HORAS: 9.00-14.00 h



No procedemento para a admisión de alumnos/as para o vindeiro curso académico seguirase a seguinte normativa reguladora:
-Decreto 254/2012, de 13 de decembro
-Orde de 12 de marzo de 2013
-Orde de 25 de xaneiro de 2017
-Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado

Prazos para a solicitude de admisión de alumnos/as para o curso 2017-2018

Antes do 1 de marzo. Publicación de postos escolares vacantes.
2 ao 20 de marzo. Presentación de solicitudes, no centro elexido en primeiro lugar ou por vía telemática
23 de marzo ao 5 de abril. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión
 Antes do 25 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos coas súas puntuacións. (Reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, dirixida á Titularidade).
Antes do  15 maio. Publicación das listaxes definitivas. (Reclamación dirixida á Xefatura Territorial no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación)
20 ao 30 de xuño. Formalización de Matrícula E. Inf. e E. Primaria.
26 de xuño-10 de xullo. Form. de Matr. ESO
1-11 de setembro. Form. de Matr. ESO.

CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
Criterio
Puntuación
Irmáns no centro
Primeiro Irmán: 8 puntos
Segundo e seguintes: 2 puntos cada un
Traballador do propio centro
3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores
Proximidade do domicilio familiar
Na área de influenza: 6 puntos
En áreas limítrofes: 3 puntos
Noutras áreas: 0 puntos
Lugar de traballo do pai,nai,titor
Na área de influenza: 4 puntos
En áreas limítrofes: 2 puntos
Noutras áreas: 0 puntos
Renda anual per cápita da unidade familiar
Inferiores a 0,5 veces o Iprem: 3 puntos
Igual ou superior  a 0,5 veces e inferior a 0,75 veces o Iprem: 2 puntos
Igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao Iprem: 1 punto
Igual ou superior ao Iprem:0 puntos
Discapacidade
No alumno/a: 4 puntos
No pai, nai, titor/a: 3 puntos
Irmán ou irmá: 1 punto cada un
Pertenza a familia numerosa
Categoria Xeral:2 puntos
Categoria Especial:3 puntos
Condición de familia monoparental
2 puntos
Criterio do Centro
1 punto
NOTA:
-SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SE SOLICITA PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR. (PODEN RELACIONARSE ATA 6 CENTROS, POR ORDEN DE PREFERENCIA)

-O ALUMNADO DO CENTRO QUE PRESENTE SOLICITUDE NOUTRO CENTRO DEBERÁ COMUNICALO AO MESMO TEMPO NO CENTRO DE ORIXE

-O ALUMNADO CON RESERVA DE PRAZA NUN CENTRO DEBERÁ COMUNICAR A RENUNCIA Á RESERVA SE PRESENTA SOLICITUDE DE ADMISIÓN NOUTRO CENTRO

OS IMPRESOS PODENSE CUBRIR E IMPRIMIR DESDE A  PÁXINA WEB DO CENTRO: www.divinomaestrolugo.com, OU DESDE AS PÁXINAS http://www.xunta.es/portada e https://edu.xunta.gal/portal/node/21113 DA XUNTA DE GALICIA. TAMÉN SE PODEN SOLICITAR NA SECRETARÍA DO CENTRO 



NOTA:

-CRITERIO DE ADMISIÓN DO CENTRO:  Que serán baremados con 1 punto os fillos/as e netos/as de exalumnos/as do centro Divino Maestro, que soliciten praza. Terán que aportar documentación xustificativa ou solicitala no centro.


-IPREM do ano 2015: 6.390,13 EUROS


-O CENTRO NON DISPÓN DOS SERVIZOS DE COMEDOR NIN DE TRANSPORTE ESCOLAR.
Leer más...