INFORMACIÓN

INFORMANDO: 1º CASO DE CORONAVIRUS NO CENTRO


 

 

Como seguramente moitas e moitos xa saberedes, acabamos de rexistrar o primeiro caso de coronavirus nun alumno do noso centro. Con toda a prudencia do mundo, queremos facer unha chamada á tranquilidade: trátase dun contaxio no medio familiar que non  garda relación coa asistencia ao colexio e que, polo menos en principio, non vai conlevar confinamento nin probas PCR, pois Sanidade estima que non houbo posibilidade de contaxio no colexio.

Confiamos en que non se producira transmisión dentro do centro, pois xa hai seis días desde o illamento da alumna en cuestión, non manifestándose o contaxio ata a tarde de onte.

Aínda así, queremos chamar a toda a comunidade a extremar as precaucións e non relaxarnos : máscara, distancia, xel e  ventilación.  En caso de dúbidas sobre a sintomatoloxía, débese obrar con cautela e contactar cos servizos sanitarios antes de decidir ir ao cole e, se cadra, poñer en risco a toda a aula.

 Lembramos que, en caso de estar á espera de resultados de PCR, cómpre agardar na casa ata que se confirme o negativo (ou o que indiquen os sanitarios). Se se convive cun positivo, débese gardar corentena o tempo que indiquen os sanitarios.

Manteremos puntualmente informada a toda a comunidade educativa de calquera novidade que se puidera producir ao respecto, con total transparencia e asumindo sempre as medidas máis restritivas posibles para preservar a saúde de todas e todos. Grazas pola comprensión e colaboración.

 

Leer más...

PASAMENTO DA Hna. AMALIA

Con gran pesar comunicamos que no día de onte faleceu a Hna. Amalia Garabatos, misioneira do Divino Maestro e superiora da Comunidade de Lugo. O funeral terá lugar hoxe, xoves, 22 de outubro, ás 18:00 h na parroquia de San Antonio. Descanse en paz.

Leer más...

AMAZON: UN CLIC PARA O COLE

    


Damos a coñecer esta iniciativa que pon en marcha o xigante do comercio online. Vaia por diante a aposta do centro polo comercio local: procuramos facer en Lugo e, se é posible, no noso barrio, todas a compras que teñen que ver co colexio. Cremos na cercanía e queremos unha cidade chea de comercios de proximidade.

Con todo, tamén sabemos do auxe -semella que imparable- do comercio na rede, polo que se decidiu participar nesta campaña da multinacional AMAZON que pode achegarnos algún beneficio: por cada compra que se efectúe, a empresa doará unha pequena cantidade ao centro educativo da elección do consumidor, sen que isto teña ningún custo adicional.

Así que o dito: APOSTEMOS SEMPRE POLO COMERCIO E OS PRODUTOS LOCAIS E DE PROXIMIDADE, pero se algunha vez mercamos nestoutra compañía e queremos colaborar co cole, podemos facelo cun simple clic seguindo estas instrucións:

VISITAD
WWW.UNCLICPARAELCOLE.ES
Y SELECCIONAD NUESTRO CENTRO EDUCATIVO
Sólo así, cada vez que hagáis una compra en Amazon.es, Amazon
nos donará un crédito virtual equivalente a un porcentaje de
vuestro gasto para utilizar en la compra de productos gratuitos
que necesitamos.
Además encontraréis Amazon Digital Lab: un mundo de
recursos digitales gratuitos para usar en el aula y en casa, que
promueven una enseñanza innovadora.
LA INICIATIVA ES VÁLIDA DESDE EL
21 DE SEPTIEMBRE DE 2020
HASTA
EL 21 DE MARZO DE 2021
Y RECORDAD
¡Pasad la voz a la
familia y los amigos!

Un clic para el cole es una iniciativa de Amazon.es dirigida a los centros educativos que imparten educación infantil (2° ciclo),
primaria, secundaria, bachillerato y/o formación profesional del territorio español. Amazon donará a los centros educativos
que se hayan unido a la iniciativa un crédito virtual para solicitar los productos que necesiten, equivalente a un porcentaje
de las compras de los clientes que participen en la misma. Para obtener más información, visita www.unclicparaelcole.es



Leer más...

ENCONTROS DE PAIS

 


Ao igual que en cursos anteriores, o COF diocesano de Lugo organiza encontros de pais. Este ano, porén, realizaranse online e comezan o 2 de novembro. Podemos inscribirnos en:
www.encuentrodepadreslugo.com .

Animámosvos a participar. Sempre son súper interesantes!

Leer más...

CORREOS ELECTRÓNICOS DE CONTACTO CO PROFESORADO

 Deixamos a listaxe de correos electrónicos corporativos de todos os titores. Este será no sucesivo o medio de contacto preferente para xustificar faltas e comunicacións similares. Coma todo, seguro que precisa dun pequeno tempo para que funcione fluidamente. O importante é ir comezando.

PROFESORES

CORREO

Campo Carreira, Mª del Carmen

maricarmen.campo@divinomaestrolugo.com

Carregal Varela, Dulce Nombre de María

mari.carregal@divinomaestrolugo.com

Cascudo Extremeiro, Antonio

antonio.cascudo@divinomaestrolugo.com               

Cela Fernández, Rubén

ruben.cela@divinomaestrolugo.com

Chouse Devesa, Eva María

eva.chouse@divinomaestrolugo.com

Fole López, Miguel Ángel

miguel.lopez@divinomaestrolugo.com

Fontela Garcia, Carlos

carlos.fontela@divinomaestrolugo.com

Freire Sánchez, Mª Teresa

teresa.freire@divinomaestrolugo.com

Gómez Seijas, Mª del Carmen

mari.gomez@divinomaestrolugo.com

Iglesias Seijas, Ana Maria

ana.iglesias@divinomaestrolugo.com

Martínez Villanueva, Luis Javier

javier.martinez@divinomaestrolugo.com

Matalobos Díaz, Olga

olga.matalobos@divinomaestrolugo.com

Rivas Cartoy, Mónica

monica.rivas@divinomaestrolugo.com

Vizcaíno Sanmartín, Begoña

bego.vizcaino@divinomaestrolugo.com

 *Estarán de xeito pernamente nesta entrada e na cabeceira da páxina.

Leer más...

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 


Informamos a toda a Comunidade Educativa que en ningunha das actividades extraescolares propostas se acadou o número mínimo de participantes para poñerse en funcionamento, agás unha pequena sección de Grupos Divino Maestro.

Isto acontece por ter que manter os grupos burbulla e non poder mesturar alumnado de diferentes aulas, como é lóxico. Se a situación epidemiolóxica cambiase ao longo do curso volveriamos sobre o tema.

 

GRAZAS A TOD@S!!

Leer más...