Benqueridas familias:
Un ano máis achégase o 12 de novembro, unha data certamente especial para toda a nosa comunidade educativa: a
festividade do DIVINO MAESTRO. Chega unha xornada agardada por todos, que
celebramos e sentimos especialmente e na que colexio se viste de festa.
Neste curso tan diferente, tan frío nalgúns aspectos, a
nosa principal prioridade é asegurarnos de que os nosos alumnos poidan, malia
todo, disfrutar e vivir a nosa festa, a súa festa, garantindo en todo momento o
cumprimento do protocolo sanitario marcado pola COVID-19.
Para a vosa tranquilidade, comunicámosvos que nas diversas
dinámicas que levaremos a cabo, así como nas distintas celebracións e actividades
varias, se manterán en todo momento os “grupos burbulla" establecidos. Así mesmo, as entradas e saídas do centro realizaranse de
xeito graduado, tal e como se vén facendo dende comezos de curso. Haberá en
todo momento ventilación cruzada e minimizarase a entrega de calquera tipo de
material.
Debido a esta situación extraordinaria que nos toca
vivir, tristemente, non poderemos celebrar a tradicional Eucaristía do Divino
Maestro na nosa parroquia de San Antonio. Tampouco repartiremos as saborosas
napolitanas, ni realizaremos xogos tradicionais no patio do colexio. Todo coa fin de garantir a seguridade de todos os membros da comunidade educativa.
Esperamos que todo o mundo entenda que estas medidas só
buscan preservar a saúde de todos, alumnos, profesores, familias, PAS…
Así, o vindeiro XOVES 12, a comunidade
educativa festexará o evento cun horario especial que vos facilitaremos a
continuación:
Xuntos traballamos por darlle vida ao lema deste ano: “Tú
lo llenas todo” e xuntos crearemos a escola, a familia do Divino Maestro.
Con todo o noso afecto.
A
comunidade e a dirección do Colexio Divino Maestro.
FELIZ FESTA DO DIVINO
MAESTRO
Leer más...