12 DE NOVEMBRO: A NOSA FESTA
SITUACIÓN COVID NO CENTRO
A día de hoxe temos un profesor e tres alumnos contaxiados, todos de diferentes cursos e sen relación entre os diversos casos. Algún destes alumnos xa está a piques de se reincorporar ao colexio. Todos evolucionan moi favorablemente ou son asintomáticos.
É posible que nos próximos días aumenten estas cifras, dado que hai alumnado á espera de PCR ou agardando resultados. É posible que a prensa reflicta outros datos, pois seguen contabilizando casos xa dados de alta e algún dos actuais foi, inexplicablemente, notificado por duplicado.
Polo momento toca manter a calma, extremar as precaucións e estar alerta ante calquera síntoma que puideramos detectar.
FESTA DO DIVINO MAESTRO
Benqueridas familias:
Un ano máis achégase o 12 de novembro, unha data certamente especial para toda a nosa comunidade educativa: a festividade do DIVINO MAESTRO. Chega unha xornada agardada por todos, que celebramos e sentimos especialmente e na que colexio se viste de festa.
Neste curso tan diferente, tan frío nalgúns aspectos, a
nosa principal prioridade é asegurarnos de que os nosos alumnos poidan, malia
todo, disfrutar e vivir a nosa festa, a súa festa, garantindo en todo momento o
cumprimento do protocolo sanitario marcado pola COVID-19.
Para a vosa tranquilidade, comunicámosvos que nas diversas
dinámicas que levaremos a cabo, así como nas distintas celebracións e actividades
varias, se manterán en todo momento os “grupos burbulla" establecidos. Así mesmo, as entradas e saídas do centro realizaranse de
xeito graduado, tal e como se vén facendo dende comezos de curso. Haberá en
todo momento ventilación cruzada e minimizarase a entrega de calquera tipo de
material.
Debido a esta situación extraordinaria que nos toca
vivir, tristemente, non poderemos celebrar a tradicional Eucaristía do Divino
Maestro na nosa parroquia de San Antonio. Tampouco repartiremos as saborosas
napolitanas, ni realizaremos xogos tradicionais no patio do colexio. Todo coa fin de garantir a seguridade de todos os membros da comunidade educativa.
Esperamos que todo o mundo entenda que estas medidas só buscan preservar a saúde de todos, alumnos, profesores, familias, PAS…
Así, o vindeiro XOVES 12, a comunidade educativa festexará o evento cun horario especial que vos facilitaremos a continuación:NOVOS CASOS DE COVID 19