OUTRO CLIC PARA O COLE

 

    


Ao igual ca no curso anterior, damos a coñecer esta iniciativa que pon en marcha o xigante do comercio online. E, de novo, vaia por diante a aposta do centro polo comercio local: procuramos facer en Lugo e, se é posible, no noso barrio, todas a compras que teñen que ver co colexio. Cremos na cercanía e queremos unha cidade chea de comercios de proximidade.

Con todo, tamén sabemos do auxe -semella que imparable- do comercio na rede, polo que se decidiu volver participar nesta campaña da multinacional AMAZON que pode achegarnos algún beneficio: por cada compra que se efectúe, a empresa doará unha pequena cantidade ao centro educativo da elección do consumidor, sen que isto teña ningún custo adicional.

Así que o dito: APOSTEMOS SEMPRE POLO COMERCIO E OS PRODUTOS LOCAIS E DE PROXIMIDADE, pero se algunha vez mercamos nestoutra compañía e queremos colaborar co cole, podemos facelo cun simple clic seguindo estas instrucións:
VISITAD
WWW.UNCLICPARAELCOLE.ES
Y SELECCIONAD NUESTRO CENTRO EDUCATIVO
Sólo así, cada vez que hagáis una compra en Amazon.es, Amazon
nos donará un crédito virtual equivalente a un porcentaje de
vuestro gasto para utilizar en la compra de productos gratuitos
que necesitamos.
Además encontraréis Amazon Digital Lab: un mundo de
recursos digitales gratuitos para usar en el aula y en casa, que
promueven una enseñanza innovadora.


Leer más...

MATERIAL INFANTIL

 

Poden botarlle unha ollada ao material funxible de Infantil aquí. 

(Desde algúns modelos de móbil non funcionará o enlcae, pero si desde un ordenador)

Leer más...

ESO: REUNIÓNS INICIAIS, PRESENTACIÓN, FONDOLIBROS



Horario de reunións dos titores coas familias mañá, martes, 14 de setembro:

- 1º ESO: 16:00 h.
- 2º ESO: 17:00 h.
- 3º/4º ESO:18:00 h

Todas as reunións terán lugar no ximnasio.

PRESENTACIÓN para o alumnado

-  Mércores, 15 de setembro de 10:00 a 11:30 h.

Lembramos tamén que xa foi publicada a listaxe definitiva de alumnado da ESO que se beneficia do programa de préstamo de libros de texto (Fondolibros).
Leer más...

OFERTA EXTRAESCOLARES 2021/22


 Con algún pequeno cambio respecto á proposta de xuño (debido a cambios de horarios dos monitores das actividade), presentamos a oferta de actividades extraescolares para o curso 2021-22:

CURSO 2021/22

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

ofertadas polo Colexio e pola ANPA

 

Infantil

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:00

Baile

Inglés

Inglés

Predeporte

 

17:00

Música

Predeporte

Xogos populares

Karate - xogo

 

 

Primaria / ESO

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:00

Baile

Karate

GRUPOS DM

Karate

Robótica (Primaria)

17:00

Música

Tenis de Mesa

Robótica (ESO) / Inglés

Tenis de Mesa

Inglés

 

** Grupos mínimos: 8 alumn@s; de non acadarse este número non se garante a realización destas actividades. Grupo máximo: 15 alumn@s por grupo

** INSCRICIÓN: do 10 ao 20 de setembro. Actividades do 1 de outubro a 31 demaio.

** PREZO MENSUAL:

Baile

17 €

Inglés

37 €

Predeporte

22 €

Música

12 €

Xogos populares

12 €

Karate-xogo

12 €

Karate

25 €

Tenis de mesa

22 €

Robótica

22 €

 


Leer más...

INFORMACIÓN INFANTIL E PRIMARIA



Mañá, mércores, e tamén o xoves terán lugar as reunións iniciais do curso. Se cadra hai familias que, por diversos motivos non poden achegarse ou prefiren non facelo dada a situación sanitaria. 

Deixamos aquí un resumo dalgúns dos aspectos que imos trata mañá, especialmente no que se refire a material de Primaria e outros temas de Infantil. poden consultala facendo clic nos enlaces que aparecen deseguido (se non enlaza desde o móbil, pola súa configuración, funcionará desde o ordenador):

INFORMACIÓN E. Infantil

INFORMACIÓN E. PRIMARIA

Leer más...

SERVIZO DE COMEDOR

 INFORMACIÓN COMEDOR CURSO 2021/22


O vindeiro luns, día 13 de setembro comeza a funcionar o Servizo de Comedor. 

HORARIO

14:00 - 16:00 h.

PREZO

- 5'50 € diarios (alumnado fixo: o que vén todos os día, ou ben todos os luns, ou todos os martes...En caso de ausencia que non estea xustificada por razón médica ou causa de forza maior cóbranse 2 €).

- 6'50 € (alumnado esporádico: o que vén un día solto, pero non de maneira regular. Pódese avisar ata o mesmo día ás 09:00, sempre que non se sobrepase a capacidade máxima das instalacións).

INSCRICIÓN

O alumnado xa inscrito que non o fixera debe entregar cuberta en secretaría a orde de domicialización que pode descargar aquí. 

Tamén pode cubrirse e enviar a secretaria@divinomaestrolugo.com

MENÚ MES DE SETEMBRO

Poden ver aquí o menú do mes de setembro.


Nas reunións iniciais intentaremos resolver todas as dúbidas que vaian xurdindo.

Leer más...