CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE
ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024
1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
O CPR Plurilingüe Divino Maestro de Lugo non está
adscrito a ningún outro centro, polo que nesta fase non hai que facer ningún
trámite: o alumnado xa matriculado que continúa no centro ten a súa praza
reservada e o de nova incorporación fará a solicitude do 1 ao 20 de marzo.
1.
Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de
marzo.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
2.
Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B)
no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
3.
Presentación da documentación acreditativa dos
criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de
prazas ofertadas): 21 de marzo ao 11 de abril,
ambos os dous incluídos.
4.
Publicación das listaxes provisionais de persoas
admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
5.
Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días
hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
6.
Publicación das listaxes definitivas de persoas
admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
7.
Adxudicación
subsidiaria de praza noutro centro ao
alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta
os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
3ª
FASE: MATRÍCULA
8.
Formalización da matrícula en E. Infantil e
Primaria: 20 de xuño – 30
de xuño.
9.
Formalización da matrícula en ESO e
bacharelato: 23 de
xuño-07 de xullo.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-20
de marzo)
1.
Os pais, nais e/ou
titores legais que desexen solicitar praza deberán presentar solicitude de
admisión utilizando o Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B). Dispoñible en secretaría.
2.
Cada
alumna e alumno só pode presentar unha
única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros
na orde de prioridade que desexe. Deberá
presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia.
A infracción desta norma (é dicir, a
presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude
de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición)
determinará a perda dos dereitos de
prioridade que poidan corresponderlle.
3.
Alumnado
que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando
estudos nel durante o presente ano:
No
caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo,
ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta
cando resulte admitido con carácter definitivo
noutro centro.
4.
As
solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á
titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario
normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase
entregar nos seguintes lugares :
a) Recollendo o formulario Anexo II e Anexo
II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no
centro solicitado en primeiro lugar.
b) Descargando a solicitude da Sede Electrónica
da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision
e entregándoo no centro solicitado en
primeiro lugar.
c) Entregándoa a través da sede electrónica da
Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión
de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten
ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de
educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica
2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se
desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de
admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que
imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación
primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei
orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A,
ED550B e ED550C). (DOG
8 de novembro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
Pódense consultar na secretaría do centro
Para ver mellor a imaxe faga Ctrl+clic na
seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30060
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO
COMEDOR ESCOLAR
AULA MATINAL (madrugadores)
RECURSOS ESPECIAIS
AULA DE EDUCACIÓN ESPECIAL