ADMISIÓN: INFORMACIÓN PÚBLICA
INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
PARA O CURSO 2024/2025
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O
CURSO ESCOLAR 2024/2025
1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
O CPR Plurilingüe Divino Maestro de Lugo non está adscrito a ningún outro centro, polo que nesta fase non hai que facer ningún trámite: o alumnado xa matriculado que continúa no centro ten a súa praza reservada e o de nova incorporación fará a solicitude do 1 ao 20 de marzo.
1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
2ª FASE:SOLICITUDE DE ADMISIÓN
Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
3ª FASE: MATRÍCULA
Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño –01 de xullo.
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño-08 de xullo.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS
Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B).Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:
No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.
Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:
No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, até o 28 de febreiro.
As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :
Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision
e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
INSTRUCCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e RRHH sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
Pódense consultar na secretaría do centro ou no buscador de centros da páxina edu.xunta.es
https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO
COMEDOR ESCOLAR
AULA MATINAL (Madrugadores)
RECURSOS ESPECÍFICOS OU ESPECIAIS
AULA de EDUCACIÓN ESPECIAL
ADMISIÓN CURSO 2024/25: PORTAS ABERTAS
BO NADAL
Cos nosos mellores desexos de amor, saúde, paz e prosperidade dicímosvos:
SUBVENCIÓN AULAS DIXITAIS: Fondos NextGeneration UE- Plan de Recuperación-Xunta de Galicia
- Aumentar o nivel de competencias dixitais mediante accións dirixidas a diversos grupos de poboación.
- Transformación dixital da educación: instalación, actualización e mantemento de sistemas dixitais interactivos (SDI) co fin de permitir a aprendizaxe a distancia e mixta.
- Dispoñer recursos tecnolóxicos que permitan a mellora e o avance cara unha educación de calidade.
- Posibilitar a competencia dixital do alumnado, para unha integración na sociedade e no mercado laboral do século XXI.