DÍA DE ROSALÍA 

O pasado venres 22 de febreiro, O Colexio Divino Maestro de Lugo celebrou un acto de homenaxe á autora de “Cantares Gallegos” no 150 aniversario da súa publicación. Con tal motivo organizamos no parque de Rosalía de Castro un sinxelo recital coa colaboración do Concello de Lugo, protagonizado por alumnos de secundaria dos diferentes centros da cidade amurallada que aceptaron o noso convite (IES Ánxel Fole, CPR Inmaculada-Maristas, IES Lucus Augusti, IES Nosa Señora, CPR San José, CPR Fingoi). Ademáis contamos coa paricipación de Marica Campo e Darío Xohán Cabana; e desfrutamos da interpretación musical de Carme, neniña gaiteira.