MARE NOSTRUM 2013   
Os rapaces de 1º e 2º da ESO adiantamos a excursión de fin de curso e acollémonos ao programa Mare Nostrum, ofertado pola  Xunta de Galicia; polo que marchamos cos nosos titores a Gandarío do mércores  13 ao venres 15 de marzo.
Foron uns días moi intensos, capitaneados por catro simpáticos monitores que nos acompañaron en todo momento: Jose, Santi, Antero e Cristina. Fixemos actividades do máis diverso: “clases” de bioloxía, navegar en  raqueiro (un tipo de barco de vela); xogos tradicionais ou una visita ao porto de Sada. Esta resultou especialmente atractiva porque coincidimos coa chegada dun barco pesqueiro, polo que puidemos ver como o descargaban e incluso presenciar a subasta da sardiña na lonxa.
Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible…