PLANETARIO-CASA DAS CIENCIAS-DOMUS

O pasado luns 18 de marzo os alumnos de segundo ciclo de Educación Primaria realizaron unha saída a cidade herculina.
Partindo do colexio as 9:30, e facendo gala de puntualidade, chegamos a sesión no Planetario no hora prevista. Alí disfrutamos dunha fermosa actividade a "ceo aberto", no que dirixida polo vampiro Siro e o seu axudante, fomos descubrindo os pequenos entramados de estrelas, planetas e constalecións que aparecen de noite e se ocultan de día, como se xogasen ás agachadas co Sol.
Posteriormente visitamos os diferentes andares da Casa das Ciencias, coas súas curiosidades, exposicións e actividades, que nos obrigaron a espertar o noso lado máis científico.
A seguinte parada sería a Domus, neste caso o comedor , era necesario repoñer forzas.
Co ánimo recuperado mergullámonos por completo na diversidade da Domus, coas súas fantásticas e motivadoras actividades, chegando a espectacularidade por momentos. Aquí non puidemos deixar de lado a imaxinación, o inxenio, a habilidade, a curiosidade .... todas esas cousas que fan que ao rematar saias cun sorriso.
Todo o bo se acaba, ou eso din, porque cada final é un novo punto de partida, así que iniciamos o camiño de regreso despois dun faboloso dia, lembrando cada momento e sen esquecernos de ollar de cando en vez as estrelas.