No colexio levamos recollendo tapóns dende hai máis de dous anos, nun principio enviámolos a Madrid, máis tarde a nosa recollida dirixiuse ao Banco de Tapóns de SEUR, que os enviaban a Alacante, a cantidade recollida o curso pasado superou as dúas toneladas.
Este curso tivemos coñecemento da creación do "Banco De Tapóns do Baixo Miño", que empezou a funcionar en setembro de 2012, un ambicioso proxecto cun único fin, axudar ao máximo número posible de nenos que o necesiten.
O banco de tapóns nace a partir dunha iniciativa cidadá, que consiste na reciclaxe...a clasificación...o empaquetado...e o posterior envío dos devanditos tapóns á empresa que os compra, para finalmente enviar o diñeiro directamente a familias sen recursos económicos, e que teñen algún fillo cunha enfermidade, discapacidade, minusvalía ou outro problema ao que non lle poden facer fronte economicamente, ademais de non poder ser atendido dentro das canles normais da Sanidade Pública.


Grazas aos tapóns moitos nenos poden mellorar a súa calidade de vida. Se teñen a ben seguiremos recolléndoos e irán destinados ao BANCO DO TAPÓNS DO BAIXO MIÑO.
Graciñas pola súa xenerosidade"
Agora, como podedes comprobar, segue sendo Quini a nosa canle para enviar os tapóns, que continuamos recollendo cada vez máis, pois todos nos decatamos de que estes pequenos xestos solidarios significan moito nas nosas casas e cos nosos propios alumnos e máis aínda cando vemos a Ángel tan próximo, e en Ángel vemos reflectidos aos demais nenos que se poden beneficiar.
É un pequeno xesto solidario por parte de todos e dende aquí queremos agradecérvolo.
Colaboramos cos nenos e coidamos do medio. A todos, tamén desde o cole, unha vez máis GRACIÑAS pola vosa colaboración!