O pasado martes 19
de febreiro do 2013 os alumnos do primeiro ciclo de educación primaria
visitaron a Coruña , para coñecer
algunha cousiña.
Recen chegados a
cidade herculina, os rapaces pasearon polo paseo cara a Torre de Hércules donde
desfrutaron da súa beleza e da súa lenda, dende alí encamiñáronse a Rosa dos
ventos onde
contemplaron a espectacular vista e aprenderon un pouco sobre os distintos pobos celtas que se reflexan nesta.
Continuamos a nosa
viaxe cara a Casa dos Peixes donde nos amosaron a riqueza e a diversidade da
vida na costa galega. Descubriron a
historia do Nautilus, pero sen dúbida o mellor para eles foi ver as quenllas do
Acuarium.
Logo recobraron
forzas comendo e gozaron do estupendo
Parque de Santa Margarita.
