Na Cidade de LUGO, onde vivimos e estudamos, onde nos divertimos e nos formamos como persoas; alumnos e profesores do Colexio DIVINO MAESTRO, neste 30 de xaneiro, celebramos O Día da Paz e a Non Violencia do ano 2013.
Todo este mes aparece nas nosas carteleiras este lema: ATRÉVETE, E LANZA AO MUNDO O TEU CONCERTO DE PAZ. A nosa oración de cada mañá tamén está entrelazada con mensaxes de paz cada día.
A continuación imos colocar nunha gran árbore as diferentes pombas, con mensaxes de paz, que fixemos os alumnos de Infantil e Primaria.
Hoxe queremos berrar forte e dicir: A Paz, a solidariedade, a tolerancia e o respecto entre nós é unha necesidade.
O desexo de paz no mundo é tamén o noso desexo: que nos eduquemos cunha mente e un corazón que sexan capaces de resolver a convivencia diaria sen ningún xénero de violencia, dialogando entre nós.
Queremos que A PAZ estea presente nas nosas familias, na nosa cidade e no noso cole; no patio de recreo, nas clases e en todos os recunchos que percorremos día a día cada un de nós…
Hai que construir a paz todos os días do ano, e ese será o noso compromiso:
CONSTRUIR A PAZ DÍA A DÍA NO NOSO COLEXIO E NO NOSO ENTORNO.
“Non basta con falar de paz. Un debe crer nela e traballar por conseguila” (Eleanor Roosevelt)
Madre Teresa dicía:“ A paz comeza cun sorriso” por esto ofrezámonos un sonriso ao compañero da dereita e o da esquerda.
