O 24 de xaneiro, para aproveitar a única raiola de sol que vimos en toda a semana, decidimos respirar aires da costa e os alumnos de 3º e 4º da ESO marchamos cos profesores de Galego e de Historia á Coruña.
Nada máis chegar, e aproveitando que unha gran parte do alumnado cursa a materia optativa de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, visitamos a fábrica de Coca-Cola. Alí estivemos algo máis dunha hora: vimos as instalacións, explicáronnos a historia da marca, visualizamos spots publicitarios antigos e, por suposto, convidáronnos a degustar o famoso refresco!!!
A continuación dirixímonos á Domus, onde o pasamos fenomenal retando aos nosos profesores nas máquinas que medían a concentración ou a velocidade coa que golpeamos un balón…
Despois de comer nós, fomos á Casa dos Peixes para ver como o facían as focas (a verdade é que saen caras de manter…). Para rematar, estiramos un pouco as pernas paseando a carón do faro milenario da Torre de Hércules, antes de montar no bus de volta para a casa.
