“A Santiago vou…” de excursión , dicíamos os rapaces de 2º e 3º da ESO o xoves 22 ás oito e vinte da mañá. Acompañados polos profesores de Lingua Galega e de Xeografía e Historia, dirixímonos en primeiro lugar ao Parlamento Galego. Alí puidemos observar as salas dos diferentes grupos parlamentarios, coñecer o funcionamento deste organismo e incluso simular un debate no hemiciclo.
A nosa marcha continuou rumbo á catedral, que visitamos non só por dentro, senón que incluso subimos ás súas cubertas!!! Que óptica tan diferente!!!
Para culminar a xornada, un amable guía acompañounos polas exposicións “Códices” e “Gallaecia Petrea” da Cidade da Cultura. Pero o mellor de todo foi subir polos ondulantes tobogáns que presenta “Gaiás” a modo de cuberta… Iso si que é un tellado!!!
