ENCONTRO DE PROFESORES EN OURENSE Neste terceiro trimestre para completar a formación de profesores o Deparatemento de Pastoral organizou unha saída a Ourense para coñecer o museo dos fundadores que se atopa na casa de Monte Alegre en Ourense. Alí fomos recibidos pola comunidade e por algúns profesores do colexio de Ourense que quixeron acompañarnos. Tras compartir un café cunhas pastas que nos axudaron a recuperarnos da viaxe comezamos a visita ó museo. Tivemos a grande sorte de ser guiados pola irmá Hermínia que non só coñece con detalle a vida e obra dos nosos fundadores, a que coñeceu persoalmente, senón que o transmite con moito amor. Rematada a visita ó museo os claustros de Lugo e Ourense participamos dunha Eucaristía de acción de grazas na capela que rematou cunha ofrenda floral diante da tumba dos fundadores.