Hoxe no noso Tren subiuse o valor da CONSTANCIA e do ESFORZO. Constancia e Esforzo son valores fundamentais
cando falamos de acadar algo na vida.
A través do conto “ A tartaruga e a lebre”, os máis
pequenos aprenderon que: nunca hai que burlarse dos demais, que a preguiza e o
exceso de confianza non é bo, que con constancia e con esforzo conseguiremos os
nosos obxectivos.