Unha vez máis, un grupo de alumnos de 2º ESO puxeron todo seu traballo a disposición dos máis pequenos. Hoxe achegáronnos ao mundo da música e como non, á creactividade, á expresión de sentimentos, á escoita activa; a través dun conto “ O CONTO DOS SILENCIOS” e da escoita de pezas musicais de DISNEY, facilitándolles a comprensión dalgúns dos seus elementos máis importantes.
Non hai dúbida de que a unión entre a palabra, a música e a imaxe produce un resultado máxico con grandes posibilidades educativas.