NÓS SOMOS A PAISAXE
PROXECTO TERRA

O día 7 de maio os alumnos de 3º ciclo de Primaria fomos a Vigo de excursión, e uns días antes fixemos varias actividades e un  caderniño que nos serviu  de preparación a  cada neno para esta viaxe.
Cando chegamos a Vigo subimos ao alto do Castro e dende alí vimos gran parte desta fermosa cidade.
Despois vimos unha boa parte das rúas de Vigo e varios museos como:O Vermun, Museo das Palabras, o museo do Mar, e no centro, na rúa Príncipe, entramos no museo de Arquitectura, chamado o museo do “Marco”.
E por último fomos ao C.U.VI (campus universitario de Vigo) donde comemos,xogamos un pouco nun patio e despois  ensináronolo.
Rematamos todos moi cansados, pero mereceu a pena porque foi unha marabilla.