O IRMÁN KIZITO JOHN NO NOSO COLE

O día 14 de maio visitou o Divino Maestro o Irmán  Kizito, que é o director do colexio de Primaria do Arcebispo Dr. Joseph Día Kiwanuka en Nakirebe, a escola está situada nunha colina en Mpigi un distrito de Uganda, preto de Kampala en África; alí están os nosos benqueridos: Ambrose, Fred, Kajubi ... Pasou por todos os recunchos do cole. Díxonos que os seus alumnos, son os mellores de Uganda  en varios deportes: Badminton, voleibol e fútbol.
Ensinounos un vídeo do seu colexio, puidemos observar como está por dentro, a longa cola que se forma para ir ao baño, algunhas danzas tradicionais de distintos pobos de Uganda.
O colexio ten máis de 1000 alumnos, algunhas clases acadan os 170 alumnos...algo inimaxinable entre nós
Todo esto lévanos  a comparar as duras condicións nas que alí se vive, tanto a nivel hixénico, como sanitario,  escolar e  alimentario.
Este colexio tamén proporciona un fogar para 175 nenos orfos, algúns enfermos de SIDA e as súas condicións de vida e afectivas son muy difíciles.
Como ben sabedes recorreu Infantil, Primaria e algunhas clases de Secundaria, pero parouse dun xeito especial, para facerse fotos cos de 3º de Primaria, xa  que foi a clase coa que estivo Ambrose casi un ano e medio.
Tamén nos amosou un instrumento  típico de Uganda, como se tocaba e algunhas tradicións do seu país.
Agora grazas a ONG e amigos de “Cirujanos del Mundo”, teñen auga na porta do colexio, algo que consideran un milagre, pois todos os nenos da escola debían coller a súa garrafa e adentrarse na selva uns 10 km, para recoller a auga que precisaban para o aseo, lavar a súa roupa e o seu propio consumo.
Foi unha visita moi especial para todos nós e pasámolo moi ben, pois interactúo  dun xeito marabilloso cos alumnos dos distintos niveis.
Agora regresou de novo a Uganda, pero leva consigo moitas experiencias de todo o que viu e disfrutou en varios coles de Lugo e en  moitos lugares de Galicia.

É sempre unha mágoa cando alguén vén aquí e se ten que marchar de novo, pero ao Irmán Kizito espérao unha labor inxente no seu cole, e sen dúbida é moi feliz alí cos seus alumnos, os profes e os seus irmáns de comunidade.
¡Graciñas Irmán Kizito polo teu traballo e a túa alegría, que comunica vida!
Podedes atopar máis información en www.nakirebeps.educug.com