O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas, celebrámolo no cole o 16 de maio. Todas as clases: desde Infantil ata Secundaria; fomos ata o ximnasio para celebrar esta data memorable. Algúns cantaron, outros recitaron, un grupo de alumnos ESO tocaron varios instrumentos baixo a maxistral batuta de Ana, e todos o fixeron moi ben. Os de 5º, fixeron unha biografia dialogada de Roberto Vidal Bolaño. Paula e Alba, relatáronnos unha parte da súa vida; Brais recitounos un anaco  da peza de teatro AS ACTAS ESCURAS, despois Álex Martínez representou dun xeito magnífico a RVB.
Antes de acabar o acto; fíxose entrega dos premios do concurso:Letras Galegas.
Foi xenial.  

Segue a crónica fotográfica do festival en http://depapeletinta.blogspot.com.es/