Bádminton



A pasada semana recibimos a agradable visita de tres membros da Federación Galega de Bádminton. Viñeron facernos unha pequena gran exhibición que nos deixou a todos abraiados.
Logo de explicarnos os beneficios deste deporte, comezaron a amosarnos, como perfeccionando a nósa técnica e sendo constantes no noso entreno, podemos chegar a facer golpeos tan incribles como os que eles fixeron.
Como non podía ser menos fixéronnos partícipes dalguns xogos relacionados cos conceptos básicos do bádminton. A verdade non se nos dá mal de todo. A vista está nas seguintes imaxes..