Día Escolar da Paz e a Non Violencia




DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Os alumnos de ESO e BAC dos colexios relixiosos participamos nunha marcha pola Muralla con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Cada clase levaba unha especie de peto cun debuxo alusivo á Paz de cada un dos continentes. Saímos dos coles ás doce cara o adro da catedral, facendo a continuación un percorrido pola Muralla. Rematamos o acto coa lectura dun manifesto.

Todos os alumnos do cole ao longo da semana fixemos actividades relacionadas coa Paz.

Infantil e Primaria preparamos unhas cordas con pombas e banderíns con mensaxes alusivas á paz. O día 30 celebramos esta data cun acto conxunto no salón de actos, a chuvia non nos deixou disfrutar das raiolas do sol. Esto non impediu que fixeramos: tres círculos concéntricos coas nosas cordas unidas, leramos un poema composto por dúas compañeiras de 6º e un manifesto que nos recitou un alumno de 5º. Todos nós cantamos xuntos: “O patio do meu cole” e “Un desexo de paz”. Ao rematar o acto penduramos as nosas cordas coas mensaxes no patio cuberto.