Manifesto


MANIFESTO NO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON-VIOLENCIA
30 de xaneiro do 2 014
Na Cidade de LUGO, onde vivimos e estudamos, onde nos divertimos e nos formamos como persoas; alumnos e profesores do Colexio DIVINO MAESTRO, neste 30 de xaneiro, celebramos O Día Escolar da Paz e a Non Violencia do ano 2014.
Todo este mes aparece nas nosas carteleiras este lema: CHÁMASME, INVÍTASME A SEMENTAR A PAZ. A nosa oración de cada mañá tamén está entrelazada con mensaxes de paz cada día. Temos aquí unhas cordas e nelas colocadas as nosas mensaxes de paz, que entre todos elaboramos.
Queremos con este xesto expresar o noso desexo de paz para o mundo, pero tamén queremos ser a voz de todos os nenos/as, mozos/as, que no mundo teñen que vivir calados porque son vítimas da violencia, a inxustiza e a intolerancia.
Hoxe queremos que sexa o día de cada neno/a, mozo/a que levantan a súa voz polos seus dereitos. Hai moitas persoas que non só falan de dereitos humanos e de xustiza senón que loitan por conquerir que a paz e a educación sexan verdadeiramente un dereito para todos.
Non podiamos esquecernos hoxe de lembrar a Malala, a rapaza paquistaní de 16 anos vítima da violencia dos talibáns polo simple feito de querer ir á escola. Ela ante as Nacións Unidas díxonos que: “UN MESTRE, UN NENO, UN LAPIS E UN LIBRO PODEN CAMBIAR O MUNDO”. Nós unímonos a ese chamamento e pedimos a educación para todos os nenos/as e mozos/as. Porque nós cremos na forza e no poder da palabra ante as armas.
Tampouco queremos esquecernos da herdanza que nos deixou Mandela, falecido o pasado decembro. Mandela díxonos que a mellor arma ante os conflitos:  É O PERDÓN E O DIÁLOGO.
Neste Día da Paz, os alumnos e profes do “Divino Maestro” queremos:
-Usar o diálogo en lugar da violencia.
-Colaborar para crear un mundo mellor.
-Respectar a todas as persoas, sexan distintas ou non.
-Perdoar, compartir e agradecer os esforzos que fan por nós.
-Axudar e tratar con igualdade a toda a xente.
Pero a paz empeza por NÓS. Por iso hoxe comprometémonos como di o noso lema a ser: “SEMENTADORES E CONTAXIADORES DE PAZ” nas nosas entornas: na familia, na escola, cos amigos…
Pidámoslle a Xesús que pasou por este mundo facendo o ben e sendo un home de paz, que nos faga construtores dun mundo máis humano e máis fraterno.
GRAZAS A TODOS POR COMPARTIR ESTE SENTIMENTO DE PAZ, QUE QUEREMOS NON SEXA UNHA UTOPÍA SENÓN UNHA REALIDADE.

A Paz, a solidariedade, a tolerancia e o respecto entre nós é unha necesidade.
O desexo de paz no mundo e tamén o noso desexo: é que nos eduquemos cunha mente e un corazón que sexan capaces de resolver a convivencia diaria sen ningún xénero de violencia, dialogando entre nós.
Quixeramos que neste día tan fermoso e todos os días do ano, houbera: harmonía, diálogo, respecto e tolerancia... nas nosas clases, no noso patio, no noso cole, nos nosos fogares...
Manifestamos o noso desacordo:
-Coa violencia doméstica, o maltrato físico e psicolóxico.
-Co racismo. Non está ben que fagamos distincións polo noso físico ou a nosa cultura. Todos somos iguais.
- Cos sentimentos que xeran o odio, o rancor, a envexa e a mentira, só nos fan ser peores persoas.
Neste Día da Paz, os alumnos e profes do “Divino Maestro” queremos:
-Usar o diálogo en lugar da violencia.
-Colaborar para crear un mundo mellor.
-Respectar a todas as persoas, sexan distintas ou non.
-Perdoar, compartir e agradecer os esforzos que fan por nós.
-Axudar e tratar con igualdade a toda a xente.
Por iso, hoxe queremos renovar, unha vez máis, o compromiso e a aposta pola PAZ, e así desde aquí dicirvos a todos que non esquezamos que a PAZ construímola no día a día cada un de nós.

NÓS SÍ PODEMOS. AQUÍ E AGORA.