Poetas e compositores "pacíficos"

Poesía da paz

Amigos e amigas,
queremos a paz,
uníndonos todos,
é doada de acadar.

No patio xogaremos,
e a ninguén amolaremos,
respectareite a ti
e ti tamén a min.

No tempo de lecer,
no tempo de xogar,
collámonos das mans,
e berremos pola paz.

Apertas, bicos e alegrías,
no noso patio todos os días
e para facer un mundo mellor,
empezamos facéndoo cos do noso arredor

Das pelexas debemos fuxir,
para poder conseguir,
ao noso carón,
un mundo mellor.
A paz e a harmonía,
 ha de ser cousa de cada día.
Aquí, no Divino Maestro,
faremos fincapé en todo isto.

Alba e Paula  - 6º Primaria


O PATIO DO MEU COLE


O patio do meu cole
é particular,
nel non hai liortas
e nunca as haberá.


Abrázame
e vólveme a abrazar,
ten moito coidado
e pensa nos demais.


H, i, l, a
que si ti non me queres
outros nenos o farán.

Corre, corre…
entre amigos….
compartir, disfrutar
que a paz xa vai chegar.