"Apadriñamento lector"




Neste segundo trimestre estamos levando a cabo  un proxecto  de consolidación da lectura  chamado: “Apadriñamento Lector”. Neste espazo de encontro entre rapaces de 1º E.P. e rapaces de 3º ESO., preténdese ademais da “socialización da lectura” crear lazos de relación entre alumnos do centro. Potenciando:





-En relación aos lectores:

  • Favorecer a práctica da lectura expresiva coa adecuada vocalización, entoación, ritmo, etc.
  • Diferenciar os elementos estructurales dun conto
  • Incentivar a motivación para a lectura, adaptándose ao nivel do ointe.
  • Coñecer a organización dunha biblioteca.
  • Potenciar as relacións interpersonais, a responsabilidade, cooperación,…

- En relación aos ointes:

  • Desarrollar a capacidade da escoita activa
  • Mellorar a atención e comprensión de textos orais.
  • Sentir interese pola narración, identificando personaxes e situacións
  • Incentivar o respecto polos libros.
  • Coñecer o funcionamento dunha biblioteca.


As  fotos deste encontro están colgadas no blogs da biblioteca do centro.