O Proxecto nace dunha
colaboración que ven mantendo o D.Pastoral e o D. Orientación nos derradeiros
anos para traballar os valores humanos- cristiáns. Esta ferramenta pedagóxica
reforza a motivación, o entusiasmo, crea novos estímulos e prepara aos rapaces
para a vida, para ser homes e mulleres capaces de expresarse, de dialogar,
comunicarse, formar vínculos de amizade e respeto, onde o importante é a
vivencia non só a exhibición pública.
Baixo a dirección da
responsable do equipo artístico “Polimoco Teatro”, Paloma Lugilde. Os alumnos
de 4º ESO achégannos a Hª da nosa cidade no momento do seu nacemento como Lucus
Augusti.
A finalidade do proxecto é
traballar a expresividade oral e corporal na que a escoita, o respeto, a
concentración son os principais obxectivos.
Obxectivos
específicos:
-
Crear grupo, fomentando a participación e colaboración de e entre
todos.
-
Contribuír á escoita, a concentración e o respeto ó
traballo e como persoas.
-
Investigar, documentar e achegar a nósa historia da
nosa cidade.
-
O corpo como instrumento que nos permite comunicarnos,
expresarnos e coñecernos.
-
Traballar a creatividade e as emocións.
-
O espazo
escénico.
-
Tomar
conciencia do aparato fonador: a
respiración, ton de voz, etc.
METODOLOXÍA:
A
preparación e os ensaios terán lugar os luns, cada 15 días en tempos de 2h. A
directora do teatro Paloma Lugilde xunto co titor de 4º ESO Antonio
Cascudo e a Orientadora Mónica González
irán traballando na preparación da obra que será representada a finais do curso
escolar 2013/14.