ENQUISA DE RECOLLIDA DE DATOS SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR
Estimada familia:
A administración educativa solicítanos unha enquisa a toda a Comunidade Educativa no marco de mellora da convivencia escolar, que promove o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
Esta recollida de datos masiva ten por obxecto detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora. A recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.
As familias que desexen participar teñen que cubrir un cuestionario por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.
O profesor titor do seu fillo/a facilitaralles aos que o soliciten un código de acceso para a recollida de datos sobre convivencia escolar. O código serve só para evitar que xente allea ao centro entre na aplicación, pero non serve para identificalo a vostede. A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con el ou precisase un novo pode poñerse en contacto coa dirección do centro.