Festa do outono

O xoves 29 de outubro celebramos a festa do outono coa xa tradicional exposición de froitos propios da época e o concurso de tallado de cabazas. Ademais, este curso, como novidade; desfrutamos dunha xornada de xogos populares: esquís de parellas, trompos, zancos, o xogo da ra, labirinto a dúo... Todos os rapaces, dende infantil ata a ESO, viviron unha mañá diferente xogando como o facían os nosos avós e, por suposto, degustando unhas boas castañas asadas!!!!