INFORMACIÓN


Lugo, a  25 de marzo de 2020

Queridas familias:


Esperamos e desexamos que todos vós así como, todos os vosos seres queridos esteades ben. Nestes momentos difíciles queremos facervos chegar o cariño e apoio de todo o equipo docente. Dende o centro faremos  o posible por acompañarvos e axudarvos, na medida das nosas posibilidades, no proceso educativo dos vosos fillos.
Para elo, achegámosvos unha serie de indicacións  para o desenvolvemento do ensino telemático mentres sigamos baixo o estado de alarma ou a Consellería de Educación nos indique o contrario:
1- O venres 27 de marzo, o seguimento telemático do proceso educativo farase diariamente tendo en conta o horario de clase do alumno. Na páxina WEB do centro habilitarase unha pestana por curso dentro do cal estarán as distintas materias e actividades correspondentes. Facilitarase vídeo explicativo para acceder a este espazo virtual.
2- A comunicación co profesorado será a través do correo electrónico de cada curso, débese poñer o nome do alumno/a e dirixir a pregunta ou dúbida ao profesor da materia.
3- Para facilitar a planificación familiar da xornada, as actividades diarias facilitaranse antes das 10:00h.
4- Todas as  tarefas propostas polo profesorado non son avaliables pero é convinte realizalas,  pois os contidos que se están a dar serán de axuda no momento de reiniciar as clases. 
5- Aprázase a 2º avaliación ata despois de Semana Santa, xa iremos informando do proceso.

Recibide todas e todos unha aperta de paz e ben
O Equipo Directivo