INFORMACIÓN

Debido á achega de novas instrucións da Consellería, o centro comunica:

 - Que a 2° avaliación será o martes 31 de marzo co traballo desenvolvido polos alumnos ata a interrupción das clases( 13 marzo).

 - As notas publicaranse o xoves 2 de abril, ás 14:00h, a través de AbalarMóbil( poñerase un enlace explicativo na pax WEB). Se algunha familia non pode descargars a App, dirixirase polo correo electrónico asignado a cada clase solicitándollas ao titor, que as enviará por este medio.

 - Quedan suspendidas todas as Avaliacións de diagnóstico para este curso.

 - 3° Avaliación, pendente de novas instrucións, pero de continuar esta situación, seguiremos traballando telematicamente e avanzaremos curriculo con posibles modificacións nos contidos e competencias.