INFORMACIÓN

Estimadas familias:

Dada a situación de pandemia mundial que estamos vivindo,o Equipo Directivo comunícavos que o centro non é alleo a dita situación. Algúns membros da comunidade educativa son positivos no coronavirus, a todos eles lles desexamos unha pronta recuperación. Todo o Equipo Docente seguirá traballando para intentar estar ao lado do alumnado e familias.
Como consecuencia das novas medidas do Goberno, o centro permanecerá pechado ata despois de Semana Santa. Mantéñense abertas as canles de comunicación a través do enderezo electrónico cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es e, en caso de urxencia, chamar ao teléfono 679035728, en horario de de luns a venres de 10:00h-13:00h.

Recibide todas e todos unha aperta de paz e ben.