COMUNICADO DIRECCIÓN


Estimadas familias: FELIZ PASCUA PARA TODOS!

A pesar da situación que estamos vivindo, alegrámonos de poder transmitirvos un ano máis a alegría e a esperanza de Xesús Resucitado. A El agradecemos que poidamos empezar este 3º trimestre coa saúde da nosa comunidade educativa xa recuperada, coas forzas renovadas e coa ilusión de seguir achegando, co noso traballo, dedicación e empeño todo o necesario para acompañarvos,  humana e pedagoxicamente,  neste tramo final de curso.

O martes, 14 de abril, continuaremos co plan de traballo telemático. Estamos moi pendentes das instrucións que nos acheguen dende a Consellería, toda a  información actualizada estará colgada na páxina web del centro.

O Equipo Directivo e o Claustro de profesores querémosvos facer chegar a nosa cercanía e apoio nas circunstancias que cada familia esteades atravesando e darvos as grazas pola vosa colaboración e esforzo.

Un saúdo

Mónica González Carballo
(Directora)