INFORMACIÓN

Desde o Equipo Directivo e o Claustro de Profesores, dámosvos as grazas polas mostras de cariño que cada día nos facedes chegar e pola inestimable colaboración.

Desexámosvos que, dentro da situación actual, poidades descansar e repoñer forzas en familia nesta Semana Santa.

O martes 14 de abril, reanudaremos o traballo telemático, salvo novas instrucións que nos poidan chegar da Consellería, das cales estaredes informados por este medio.

Unha forte aperta.