FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020-21

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).



NORMATIVA: ORDE do 12 de maio de 2020.

PRAZO
Prazo de presentación: 20/05/2020 - 19/06/2020 (incluído).


ALUMNADO AO QUE VAI DIRIXIDO
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e EE.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.  


RENDA PER CÁPITA:  
É a renda da unidade familiar entre o número de membros computables, recadros 435+460, para os que presentaron declaración do IRPF no ano fiscal 2018.


UNIDADE FAMILIAR:
Composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2018, agás no relativo á violencia de xénero, caso en que se aplicará o disposto na lexislación específica.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
O prazo para presentación de solicitudes remata o día 19 de xuño de 2020 (incluído).



Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alum-nado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con quen conviva en acollemento familiar. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean ad-mitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de es-tudos que espera realizar cada un deles no citado curso.


Solicitude que se pode recoller no propio centro, por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 


Poderanse presentar ,tamén,  as solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ou de xeito telemático.


Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os de-mais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
 1º. Certificado ou volante de convivencia.
 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sina-lado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.



DATAS DE PUBLICACIÓN:
-    Listaxes provisionais EP e ESO: 6 de xullo.
-    Listaxes definitivas EP: 10 de xullo.
-    Listaxes definitivas ESO: 14 de setembro.