GRAZAS AMPA DIVINO MAESTRO E CIFP AS MERCEDES

Vivimos tempos difíciles, nos que unha pandemia, de súpeto, nos obrigou a paralizar as nosas vidas e ficar na casa; pero como dicimos en Galicia “nunca choveu que non escampara”. No medio de grises nubarróns, un halo de luz e solidaridade materializado na ANPA do noso colexio veu visitarnos. A Asociación de Nais e Pais do Divino Maestro de Lugo, en colaboración co CIFP As Mercedes, dotarán a toda a comunidade educativa de pantallas protectoras contra o Covid 19. Dende o Equipo Directivo e Claustro de Profesores só podemos dicir GRAZAS. Millóns de grazas por esta iniciativa pensada no beneficio de todos e cada un dos membros da comunidade educativa.