INFORMACIÓN

 Benqueridas familias,

A diercción do centro comunícavos: 
1.      Horario de apertura do centro. Horario de mañá  de 9.00 a 14.00 horas, para xestións administrativas Para todos aqueles que acudan ao centro prégase seguir as medidas de seguridade aconselladas desde as autoridades sanitarias.

2.      Programacións. A partir do día 14 de maio poderán consultar na páxina web as adaptacións das programacións para este curso cos criterios de cualificación.

3.      Ordenadores en préstamo. A Xunta deixounos un portátil cun Kit de conexión wifi e unha editorial dous dispositivos máis. Xa están entregados. O criterio empregado foi comezar desde 4º de ESO e seguir por cursos inferiores.

4.      Recollida de material escolar que aínda tedes no centro. Dada a inquietude que nos achegaron as familias de Educación Infantil á dirección do centro, procederase a entrega de material seguindo os protocolos de sanidade. As titoras de Educación Infantil comunicarán a través do correo de aula a hora e día de entrega. Prégase ás familias das outras etapas, que se non é estritamente necesario, esperen ata despois do día 26 de maio.

5.      Queda suspendida a Graduación de 6º Educación Infantil, quedando pendente a  de 4º ESO.

6.      As Informacións relativas a Fondo de Libros, reincorporación de alumnado de Educación Infantil e 4º de ESO, serán comunicadas tan pronto como a Consellería estableza as instrucións pertinentes. Tamén se informará de actividades estraescolares, listaxe de libros para o vindeiro curso e calquera información académica a medida que o centro dispoña dela.


Recibide un cordial saúdo.

Atentamente
Mónica González Carballo