Prezadas familias,
Sabemos da  
preocupación de toda a comunidade escolar ante as incertezas de cara ao 
comezo do curso 2020/21. Queremos trasladarvos unha mensaxe de 
tranquilidade e confianza, na medida do posible: un equipo de profes 
estamos deseñando os protocolos que rexerán a vida no centro, seguindo 
as instrucións marcadas pola Consellería de Educación, que aínda poden 
variar antes do día 1 de setembro. A partir desa data, a través da 
páxina web, das redes sociais e en reunións presenciais iremos 
facéndovos chegar toda a información precisa. 
En 
todo caso, xa podemos comunicarvos que estamos a adquirir os materiais 
necesarios e a implementar as medidas oportunas para que, dadas as 
circunstancias, poidamos empezar as clases coa máxima normalidade e 
seguridade posible. Espérannos meses difíciles e complicados. Coa 
colaboración e a boa vontade de todos esperamos sacar o curso adiante. 
Desde xa, grazas pola vosa confianza e axuda.
Equipo directivo