COMUNICADO

Ante as numerosas preguntas de distintas familias, queremos insistir: estamos traballando no protocolo a seguir nesta curso. O día 1 publicaremos na web un adianto das medidas máis salientables, que xa vos podemos dicir que serán o máis estritas que a lei permite. Nesa primeira semana, coas achegas da totalidade do claustro e da ANPA, remataremos o protocolo, que deberá ser aprobado pola Inspección Educativa. 

 
Na semana do 7 ao 10 de setembro, antes do comezo das clases será dado a coñecer a todas as familias en reunións no centro, xa se indicará como e de que maneira. 
 
Insistimos na mensaxe de calma: faremos todo o que se poida facer para garantir a saúde de todos. Pedimos un pouco de calma: cada cousa ten o seu tempo. Estamos traballando.
 
Equipo Directivo