EXAMES DE SETEMBRO

Lembramos ao alumnado da ESO que os exames de setembro terán lugar os días 1 e 2 nos horarios xa comunicados.

Non se poderá acceder sen máscara nin prescindir dela en ningún momento.
Cadaquén levará o seu propio material de escritura.
Haberá controis de temperatura (non se poderá acceder con temperatura superior a 37´5°).
É obrigatorio hixienizar as mans á entrada e entre proba e proba.
Non se poderá permanecer no centro ao remate do exame.
As mesas e cadeiras serán desinfectadas entre cada proba.
Nos corredores, e na entrada circularase sempre pola dereita, subindo pola escaleira da ESO e baixando pola central.

GRAZAS a todas e todos pola colaboración.
 
Equipo Directivo