COMUNICADO

 Benqueridos alumnos, familias, profesores e resto da comunidade educativa:

Diríxome a vós para comunicarvos que hoxe remata a miña etapa como Directora deste centro, ao que tanto cariño lle proceso. Por iso, quixera que estas últimas verbas de despedida fosen para expresar o meu profundo agradecemento a todos os membros da comunidade educativa  especialmenteao meu equipo directivo: Antonio (XE), Dulce, Miguel, Olga (coordinadores de etapa) e Rubén (Acción Evanxelizadora); que prestaron o seu servizo con ilusión e esforzo para sacar adiante o proxecto educativo do centro.

Grazas á Institución e á comunidade de relixiosas de Lugo pola confianza depositada e pola entrega e apoio recibido ante as diferentes iniciativas levadas a cabo por este equipo ao longo destes anos. Tiven a sorte de traballar cun claustro de profesores comprometidos e ilusionados coa tarefa docente e co ideario e a identidade que os nosos fundadores, Francisco e Soledad, marcaron fai xa 75 anos.

Quero expresar tamén un agradecemento especial aos alumnos e ás familias pola acollida e agarimo que nos brindastes, e gustaríame  destacar especialmente a vosa fortaleza neste final de curso tan convulso debido a situación sanitaria que nos tocou e nos sigue tocando vivir. Son consciente da vosa preocupación, sei que todos tedes o corazón e a cabeza posta en setembro, polo que quixera mandarvos unha mensaxe de tranquilidade porque, coma sempre, estamos a traballar para garantir a educación dos vosos fillos en condicións de máxima seguridade.

Tamén quero agradecer á ANPA a súa aportación á vida do centro e a súa labor e esforzo para axudar a crear “familia Divino Maestro”.

Aproveito para dar  a benvida ao novo Equipo Directivo: Xosé Luís García Rodríguez (Director), Mª del Carmen Gómez Seijas (Xefa de Estudos), Rubén Cela Fernández (D. Acción Evanxelizadora) e Diego Domínguez Cabral (Administrador); ao cal apoiaremos e estaremos ao seu servizo  para seguir facendo deste colexio un centro de calidade que EDUQUE dende o AMOR.

Contade sempre co meu apoio e cariño.

Recibide unha aperta fraternal. Deséxovos un bo comezo de curso!

Mónica González Carballo.