DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 Este venres pasado publicouse no Diario Oficial de Galicia a  orde do 6 de novembro de 2012  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en privados concertados no curso 2020/21.

PREMA AQUÍ PARA ACCEDER Á SOLICITUDE


1. Destinatarios das axudas. 

a) O alumnado destas etapas que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021 (en virtude da Orde de 12/05/2020). Este alumnado NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE, adquire automaticamente o dereito ás máscaras

b) O resto do alumnado, que non presentou no seu momento a solicitude de axudas para material escolar ou quedou excluído, poderá presentar a solicitude correspondente, sempre que se cumpran os requisitos de renda recollidos na orde. Os requisitos económicos son os mesmos que para acceder ás axudas para libros de texto e material escolar. 

2. Modelo de solicitude e prazo

A solicitude formalizarase a través do modelo oficial contemplado no Anexo I da Orde (ver ligazón anterior).

 A solicitude será única para todos os fillos ou fillas, salvo que estean escolarizados en centros distintos. Código de procedemento: ED330E. 

Presentación: No centro docente, ou a través da sede electrónica da xunta O prazo fixado no DOG é de 10 días hábiles contados a partir da publicación da orde no DOG. O último día do prazo é, polo tanto, o venres 27 de novembro de 2020.


DOCUMENTACIÓN que se debe xuntar coa solicitude (artigo 9º): 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. De non existir, o artigo contempla outras formas de acreditación dos membros computables. 

c) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 d) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, de ser o caso.

 f) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 

g) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. 

 

NON SERÁ NECESARIO achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21. E como salientamos no apartado 1, o alumnado beneficiario das axudas para material escolar non terá que presentar a solicitude. 

3. Criterios de concesión da axuda. 

3.1. Alumnado beneficiario das axudas para material escolar. 

3.2. Alumnado que non fose beneficiario das axudas para material escolar, nos seguintes supostos:

 • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. As regras para o cálculo desta renda regúlanse nos artigos 3º e seguintes. 

• Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.