EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA

 



Despois duns días moi movidos, informamos de cal é, a día de hoxe,
a situación sanitaria no noso centro:

- En Secundaria temos 2 casos aínda activos que, con toda probabilidade, se incorporarán o luns ou o martes ao centro. Todo o alumnado en corentena deu negativo nas probas PCR, polo que, entre o luns e o martes se reintegrará na vida escolar con normalidade. Non se rexistrou ningún caso nos últimos 12 días.

- En Infantil temos 1 caso activo, xurdido, coma os anteriores, no ámbito familiar. Probablemente a semana que vén poderá reincorporarse á aula. Non houbo casos novos nos últimos 8 días.

- En Primaria temos 4 casos activos (oficialmente 3, pois un non foi notificado polo Centro de Seguimento). No día de onte levouse a cabo un cribado entre o alumnado con contacto máis estreito cos afectados. Estamos á espera dos resultados, pero todo parece indicar que, aínda que poida saír algún caso máis, a situación tende a estabilizarse e a controlarse (non houbo casos novos detectados desde principios desta semana).

En resumo, en Secundaria e Infantil a situación parece que se vai normalizar de maneira inmediata. En Primaria confiamos en estar nunha situación análoga cara ao final da semana que vén. Da evolución de todo isto manteremos puntualmente informada a toda a Comunidade Educativa. 

Lembremos: máscara, distancia, ventilación, xel!