INICIO CURSO 2022/23

 


 BENVIDAS e BENVIDOS a este novo curso académico 2022/23! 

    Despois de dous anos complicados, confiamos en que este sexa o curso no que recuperemos a normalidade plena e deixemos atrás o pesadelo da Covid.

    Este será, ademais, una ano de cambios e novidades, que vos iremos dando a coñecer aos poucos: comeza a súa andadura a Formación Profesional no centro, esperamos iniciar as mobilidades Erasmus+, o Diploma Dual de Bacharelato, os exames de Oxford... sen esquecer as cousas que continúan: a aula matinal, o servizo de comedor... 

   Con todo, estimamos que o que nunca, nunca, pode faltar é aquilo que precisamente máis nos identifica: a colaboración de alumnado, familias e Colexio para sacar o curso adiante e acadar o obxectivo que verdadeiramente nos une: tratar de facer polo noso alumnado todo o mellor que poidamos e que eles, nenos e nenas, mozos e mozas, sexan os grandes beneficiados do noso traballo común.

    Por todo isto -e sempre cun ollo posto na situación sanitaria- arrincamos o curso cargados de ilusión, proxectos, ganas de mellorar... Ao longo dos próximos días iremos comunicando horarios, datas de reunións iniciais - enviaranse hoxe mesmo-, materiais necesarios... tanto na web coma nas redes sociais. Estamos en marcha! 

Que o Divino Maestro nos guíe e protexa sempre e, moi especialmente, neste novo camiño que estamos a comezar.                                                             

            O Equipo Directivo