Este ano o Secretariado das Misións proponnos participar na #CampañaMisionera2022 destinada ás obras de mellora do Centro #DivinoMaestro “La Trinidad ”, na periferia da Cidade de Bolívar





O Goberno do estado aprobou a fin da obrigatoriedade do uso da máscara en espazos interiores (Real Decreto 286/2022). No que ten que ver co ensino, esta normativa sinala:
- as persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar.
- recoméndase o seu uso ao profesorado e ao alumnado con algún factor de vulnerabilidade.
- recoméndase o uso da máscara no interior do centro no caso de estar en contacto con outras persoas a unha distancia inferior a 1'50 m.
- recoméndase o uso responsable da máscara nos espazos pechados de uso público nos que as persoas transitan ou permanecen un tempo prolongado.
Pola súa banda, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar as Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo que indican:
USO OBRIGATORIO
• Transporte escolar.
RECOMENDADO
• Persoal traballador do centro educativo.
• Alumnado do centro educativo.
• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.
O protocolo vixente no centro establece unha distancia de1,20 m entre o alumnado nas aulas, polo que non se pode garantir a distancia de 1,50 m. Por isto, o Equipo COVID do centro recomenda o uso da máscara.
Achegamos resumo das últimas instrucións da Consellería de Educación a respecto do Covid-19.
2- Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.
3- QUÉ FACER SE ES UN CASO POSITIVO OU UN CONTACTO?:
- Se a intensidade dos síntomas lle dificultan a súa actividade diaria, quede no domicilio ata que melloren.
- Use de forma constante a máscara e evite actividades que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade con outras persoas.
- Reduza todo o posible as interaccións sociais con outras persoas.
- Informe aos seus contactos estreitos. RECOMENDACIÓNS
5- Deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.
6- Seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.
7- Ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas.
COMUNICACIÓN URXENTE CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Por motivos técnicos na Sede electrónica da Xunta de Galicia, ampliouse en 24 horas o prazo presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos"
Esta ampliación de prazo atinxe, en exclusiva, ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio.
A máscara continúa a ser obrigatoria nos espazos interiores.