ENTROIDO


 

Leer más...

"YO SOY DIVINO MAESTRO"

 


Unha historia que segue crecendo…  

Ser Divino Maestro é moito máis que estudar aquí. É crecer nun colexio que

 deixa pegada, que educa con valores e que acompaña a cada alumno e alumna 

no seu camiño, preparándoo para o futuro.

Os nosos antigos alumnos e alumnas levan consigo todo o que aprenderon aquí, 

nas súas profesións, nas súas vidas… E os nosos alumnos de hoxe seguen

escribindo esta historia.

📅 A semana que vén, do 17 ao 21 de febreiro abrimos as nosas portas para que

 ti tamén poidas formar parte desta gran familia.

E ti? Queres ser Divino Maestro?

 


 

Leer más...

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

 


 

Cada alumno é único, cada aprendizaxe tamén


Se na publicación anterior falabamos do acompañamento que ofrecemos

aos nosos alumnos a través do Plan de Acción Titorial e a Orientación

 Académica e Profesional, hoxe queremos compartir outra parte fundamental

do traballo do noso Departamento de Orientación: o Plan de Atención á Diversidade.


No noso colexio, cremos nunha educación que atende á diversidade e respecta o 

ritmo e as necesidades de cada estudante. Traballamos para que todos os alumnos

atopen o seu lugar, desenvolvan o seu potencial e sentan acompañados no seu

camiño.


🤝 Apoio individualizado e adaptación das aprendizaxes.

📚 Estratexias para a inclusión e o éxito educativo.

👩🏫 Traballo en equipo con docentes, familias e especialistas.


Porque educar é abrir camiños, e no noso colexio, ninguén camiña só.


📅 Coñece máis nas nosas Xornadas de Puertas Abertas. Esperámosche!


#EducaciónParaTodos #InclusiónConValores #JornadasDePuertasAbiertas

 


 

Leer más...

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


 


Acompañamos aos nosos alumnos en cada paso

No noso colexio, o Departamento de Orientación xoga un papel crave no

 desenvolvemento persoal e académico de cada alumno. A través do Plan de 

Acción Titorial e a Orientación Académica e Profesional, ofrecemos un 

acompañamento próximo para axudarlles a coñecerse mellor, tomar decisións

e afrontar o seu futuro con confianza.

✔️ Apoio emocional e seguimento individualizado.

✔️ Orientación académica e profesional para construír o seu camiño.

✔️ Traballo conxunto con familias e docentes para potenciar o desenvolvemento

 de cada estudante.

Porque educar non é só ensinar, senón tamén guiar e escoitar.

📅 Descobre máis nas nosas Xornadas de Puertas Abertas. Esperámosche!


#AcompañamosTuCamino #OrientaciónConValores #JornadasDePuertasAbiertas

 


 

Leer más...

ADMISIÓN CURSO 25/26 - XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Coñece o noso colexio desde dentro

Desde esta vista, o noso colexio parece tranquilo, pero aquí latexa un

 corazón cheo de vida, historias e soños. ❤️

En febreiro, abrimos as nosas portas para que nos coñezas de verdade: 

os recunchos onde aprenden y crecen os nosos nen@s, os valores que 

compartimos como unha gran familia, e ese ambiente próximo que nos fai tan

especiais. 🌱🏫

Pronto publicaremos as datas das nosas xornadas de portas abertas

Encantaríanos que viñeses a coñecernos e a imaxinar ao teu peque formando

 parte da nosa comunidade! 🌟

Porque máis que un colexio, somos un lugar para medrar xuntos. 🫶👩👩👦👦 

#JornadasDePuertasAbiertas 

#UnColegioParaTodos 

#NuestraFamiliaTuFamilia




Leer más...

SERVICIOS DE CONCILIACIÓN

 

 

 


Conciliación e benestar para toda a familia


No noso colexio, sabemos o importante que é facilitar a conciliación

 familiar e ofrecer unha contorna segura e acolledora, para os nosos

 alumnos e alumnas, máis aló do horario lectivo. Por iso, contamos cunha

 variedade de servizos que acompañan ás familias no seu día a día: 

🌅 Aula matinal con almorzo, para empezar a xornada con enerxía e dende

 moi cedo. 

🍽️ Comedor escolar, con menús equilibrados e adaptados. 

🎭⚽🎻 Actividades extraescolares, que enriquecen a aprendizaxe e 

fomentan a creatividade, o deporte e a convivencia. Todo iso nun ambiente

 de confianza, onde os nenos e nenas séntense como na casa. 

📅 Ven a coñecernos nas nosas Xornadas de Portas Abertas e descobre todo

 o que ofrecemos para facer máis doada a vida das familias.


#conciliaciónfamiliar

#actividadesextraescolares

#divinomaestrolugo
#somosfamiliadivinomaestro
#somosdivinomaestro
#colegioslugo
#soydelamilagrosa

 


 

Leer más...